Provided by: aptitude-common_0.8.13-7ubuntu2_all bug

NOME

       aptitude - interface a pantalla completa para o xestor de paquetes.

SINOPSE

       aptitude

DESCRICIÓN

       aptitude é unha interface en modo texto para o sistema de paquetes de Debian GNU/Linux.
       Permítelle  ao  usuario  ve-la  lista  de  paquetes  e  realizar  tarefas  de  xestión de paquetes coma a
       instalación, actualización e  eliminación  de  paquetes.  Por  defecto,  aptitude  deixa  dispoñibles  as
       seguintes teclas e comandos:

       q      Saír do contexto actual, gravando os cambios.

       x      Saír do contexto actual, abandonando os cambios.

       ?      Amosar unha pantalla de axuda en liña.

       Arriba, j
              Move-la barra de selección un elemento cara a arriba.

       Abaixo, k
              Move-la barra de selección un elemento cara a abaixo.

       ^      Move-la barra de selección cara ao pai do elemento actual.

       Intro  Expandir ou contraer un grupo de paquetes.

       [      Expandir unha árbore de paquetes completa.

       ]      Contraer unha árbore de paquetes completa.

       Intro, i
              Amosar información acerca dun paquete.

       +      Cancela-lo borrado dun paquete, ou solicita-la súa instalación ou actualización.

       -      Cancela-la instalación dun paquete, ou solicita-la súa eliminación.

       =      Reter un paquete (ou quitalo da retención se é un paquete retido non actualizable).

       _      Solicita-la eliminación dun paquete e tódolos seus ficheiros de configuración ("purgar").

       u      Actualiza-las listas de paquetes dispoñibles.

       g      Realizar tódalas instalacións, eliminacións e actualizacións pendentes.

       Control-u
              Desface-la última acción ou conxunto de accións.

       /      Realizar unha busca.

              Repeti-la última busca.

       v      Amosar tódalas versións dun paquete dispoñibles.

OPCIÓNS

       A versión actual de aptitude non recoñece opcións de liña de comandos.

VER TAMÉN

       apt-get(1), apt(8), /usr/share/doc/aptitude/README.

AUTOR

       Esta páxina de manual escribiuna Daniel Burrows <Daniel_Burrows@brown.edu>.

TRADUCTOR

       Esta páxina de manual traduciuna Jacobo Tarrío Barreiro <jtarrio@trasno.net>.

                                                     9/8/00                                          APTITUDE(8)