Provided by: calibre_8.7.0+ds-1_all bug

NAME

       ebook-convert - ebook-convert

          ebook-convert ficheiro_entrada ficheiro_saída [opcións]

       Converte un libro electrónico dun formato a outro.

       input_file  é  a  entrada  e  output_file  é  a  saída.  Ambos deben especificarse como os dous primeiros
       argumentos do comando.

       O formato de saída do  libro  electrónico  dedícase  a  partir  da  extensión  do  ficheiro  output_file.
       ficheiro_saída  tamén pode ter o formato especial .EXT onde EXT é a extensión do ficheiro de saída. Neste
       caso, o nome do ficheiro de saída deriva do nome do ficheiro de entrada. Teña en conta que  os  nomes  de
       ficheiros  non  deben comezar cun guión. Finalmente, se output_file non ten extensión, entón trátase como
       un cartafol e escríbese nese cartafol un «libro electrónico aberto» (OEB) composto  por  ficheiros  HTML.
       Estes ficheiros son os ficheiros que normalmente se pasarían ao complemento de saída.

       Despois de especificar o ficheiro de entrada e saída, pode personalizar a conversión especificando varias
       opcións.  As  opcións  dispoñibles  dependen  dos tipos de ficheiros de entrada e saída. Para obter axuda
       sobre eles, especifique o ficheiro de entrada e saída e despois use a opción -h.

       Para a documentación completa do sistema de conversión consulte E-book conversion

       Sempre que lle pases argumentos a ebook-convert que teñan espazos neles, pon os argumentos entre comiñas.
       Por exemplo: «/some path/with spaces»

       As opcións e os valores predeterminados das opcións cambian dependendo de ambos  formatos  de  entrada  e
       saída, polo que sempre debes comprobar con:

          ebook-convert myfile.input_format myfile.output_format -h

       A  continuación  móstranse  as  opcións  que  son  comúns  a  todas  as  conversións, seguidas da opcións
       específicas para cada formato de entrada e saída.

       • OPCIÓNS DE ENTRADAOPCIÓNS DE SAÍDAAPARENCIAPROCESAMENTO HEURÍSTICOBUSCAR E SUBSTITUÍRDETECCIÓN DA ESTRUTURAÍNDICEMETADATOSDEPURACIÓN

       --help, -h
              mostrar esta mensaxe de axuda e saír

       --input-profile
              Especificar o perfil de entrada. O perfil de entrada dálle información ao  sistema  de  conversión
              sobre  como  interpretar  os  distintos  datos do documento de entrada. Por exemplo, as lonxitudes
              dependentes da resolución (en píxeles). As opcións son: cybookg3, cybook_opus, default,  hanlinv3,
              hanlinv5,  illiad,  irexdr1000,  irexdr800,  kindle,  msreader,  mobipocket,  nook, sony, sony300,
              sony900

       --list-recipes
              Lista os nomes das receitas integradas. Podes crear un libro electrónico a  partir  dunha  receita
              integrada como esta: ebook-convert «Recipe Name.recipe» output.epub

       --output-profile
              Especifique  o perfil de saída. O perfil de saída indica ao sistema de conversión como optimizar o
              documento creado para o dispositivo especificado. Nalgúns casos, pódese usar un  perfil  de  saída
              para  optimizar a saída dun dispositivo en particular, pero isto raramente é necesario. As opcións
              son:cybookg3,  cybook_opus,  default,  hanlinv3,  hanlinv5,  illiad,  ipad,   ipad3,   irexdr1000,
              irexdr800,   jetbook5,   kindle,  kindle_dx,  kindle_fire,  kindle_oasis,  kindle_pw,  kindle_pw3,
              kindle_scribe,  kindle_voyage,  kobo,  msreader,  mobipocket,  nook,   nook_color,   nook_hd_plus,
              pocketbook_inkpad3,  pocketbook_lux,  pocketbook_hd,  pocketbook_900,  pocketbook_pro_912, galaxy,
              sony,  sony300,  sony900,  sony-landscape,  sonyt3,  tablet,   generic_eink,   generic_eink_large,
              generic_eink_hd

       --version
              mostrar o número de versión do programa e saír

OPCIÓNS DE ENTRADA

       Opcións para controlar o procesamento do ficheiro de entrada mobi

       --input-encoding
              Especificar  a  codificación  de  caracteres do documento de entrada. Se se establece esta opción,
              substituirá calquera codificación declarada  no  propio  documento.  En  particular  é  útil  para
              documentos sen codificación declarada ou con erros na declaración da codificación.

OPCIÓNS DE SAÍDA

       Opcións para controlar o procesamento da saída epub

       --dont-split-on-page-breaks
              Desactiva  a  división  nos  saltos  de  páxina.  Normalmente,  os  ficheiros de entrada divídense
              automaticamente en cada salto de páxina en dous ficheiros. Isto dá un libro electrónico  de  saída
              que  se  pode  analizar  máis rápido e con menos recursos. Non obstante, a división é lenta e se o
              ficheiro fonte contén un número moi grande de saltos de páxina, debería desactivar a división  nos
              saltos de páxina.

       --epub-flatten
              Esta  opción  é  necesaria  soamente  se  pretende  usar  o  EPUB  con  FBReaderJ. Con esta opción
              simplificarase o sistema de ficheiros  dentro  do  EPUB,  poñendo  todos  os  ficheiros  no  nivel
              superior.

       --epub-inline-toc
              Inserir un índice na liña que aparecerá como parte do contido do libro pincipal.

       --epub-max-image-size
              O  tamaño  máximo da imaxe (ancho x alto). Un valor de none significa usar o tamaño da pantalla do
              perfil de saída. Un valor de profile significa  que  non  se  especifica  un  tamaño  máximo.  Por
              exemplo,  un valor de 100x200 fará que todas as imaxes se cambien de tamaño para que a súa anchura
              non sexa superior a 100 píxeles e a súa altura non sexa superior a 200 píxeles. Teña en conta  que
              isto  só  afecta  o  tamaño  dos  ficheiros de imaxe actuais. Calquera imaxe pode renderizarse cun
              tamaño diferente dependendo do estilo que se lle aplique no documento.

       --epub-toc-at-end
              Poña a táboa de contidos inserida ao final do libro en lugar do comezo.

       --epub-version
              A versión do ficheiro EPUB que se vai xerar. EPUB 2 é o máis compatible, só usa EPUB  3  se  sabes
              que realmente o necesitas.

       --extract-to
              Extrae  o  contido  do  libro  xerado  á  carpeta  especificada.  O contido da carpeta é eliminado
              primeiro, así que ten coidado.

       --flow-size
              Divide todos os ficheiros HTML máis grandes que este tamaño (en KB). Isto é  necesario  xa  que  a
              maioría dos lectores de EPUB non poden manexar ficheiros de gran tamaño. O valor predeterminado de
              260KB  é  o  tamaño  necesario  para  Adobe  Digital  Editions. Establécese en 0 para desactivar a
              división en función do tamaño.

       --no-default-epub-cover
              Normalmente, se o ficheiro de entrada non ten capa e non especifica unha, xerarase  unha  capa  co
              título, autores, etc. Esta opción desactiva a xeración desta capa.

       --no-svg-cover
              Non  usar  un  SVG  para  a  capa dun libro. Debe usar esta opción se o EPUB vai ser empregado nun
              dispositivo que non é compatible con SVG, como o iPhone ou de JetBook Lite. Sen esta opción,  cada
              dispositivo amosará a capa como unha páxina en branco.

       --preserve-cover-aspect-ratio
              Ao  empregar  unha  capa  en  branco, esta opción implicará que a capa escalarase a toda a área da
              pantalla dispoñíbel mais manterá a relación de aspecto. Isto implica que pode ter bordos en branco
              aos lados ou na parte superior e inferior, mais a imaxe non pode  estar  distorsionada.  Sen  esta
              opción, a imaxe pode distorsionarse, mais non terá bordos.

       --pretty-print
              Se  está  especificado, o complemento de saída tratará de crear unha saída o máis lexíbel posíbel.
              Pode non funcionar no caso dalgúns complementos de saída.

       --toc-title
              Título para calquera táboa de contidos en liña xerada.

APARENCIA

       Opcións para controlar o aspecto da saída

       --asciiize
              Translitera os caracteres Unicode a  unha  representación  ASCII.  Use  con  coidado  porque  isto
              substituirá  os caracteres Unicode por ASCII. Por exemplo, substituirá «Pelé» por «Pele». Ademais,
              teña en conta  que  nos  casos  nos  que  hai  varias  representacións  dun  carácter  (caracteres
              compartidos por chinés e xaponés, por exemplo) empregarase a representación baseada na linguaxe da
              interface de calibre actual.

       --base-font-size
              O  tamaño  da fonte base en pts. Todos os tamaños de letra do libro producido serán reescalados en
              función deste tamaño. Escollendo un tamaño maior podes facer que as fontes  da  saída  sexan  máis
              grandes  e  viceversa.  De xeito predeterminado, cando o valor é cero, escóllese o tamaño da fonte
              base en función do perfil de saída que escolleches.

       --change-justification
              Cambiar a xustificación do texto. O valor «esquerda» fai que o texto xustificado  na  orixe  quede
              aliñado   á esquerda (non xustificado). O valor «xustificar» fai que o texto non xustificado quede
              xustificado. O valor «orixinal» (o predeterminado) non altera a xustificación do  ficheiro  fonte.
              Teña en conta que non todos os formatos de saída admiten xustificación.

       --disable-font-rescaling
              Desactivar o redimensionamento dos tamaños de letra.

       --embed-all-fonts
              Incrustar  todos  os tipos de letra a que se fai referencia no documento de entrada pero que aínda
              non están incrustados.  Isto  buscará  no  teu  sistema  os  tipos  de  letra  e,  se  se  atopan,
              incorporaranse.  A  incrustación só funcionará se o formato ao que estás convertendo admite fontes
              incrustadas, como EPUB, AZW3, DOCX ou PDF. Asegúrese de ter a licenza adecuada para incorporar  os
              tipos de letra utilizados neste documento.

       --embed-font-family
              Inserir a familia de fontes especificada no libro. Isto especifica a fonte «base» utilizada para o
              libro.  Se  o  documento de entrada especifica as súas propias fontes, poden substituír esta fonte
              base. Podes usar a opción de información de estilo de filtro para eliminar fontes do documento  de
              entrada.  Teña  en  conta  que a incorporación de fontes só funciona con algúns formatos de saída,
              principalmente EPUB, AZW3 e DOCX.

       --expand-css
              Por defecto, calibre usará a forma abreviada para  varias  propiedades  CSS  como  marxe,  recheo,
              bordo,  etc.  Esta opción fará que use o formulario expandido completo no seu lugar. Teña en conta
              que CSS sempre se expande cando se xeran ficheiros EPUB co perfil de saída definido nun dos perfís
              de Nook xa que o Nook non pode xestionar CSS abreviado.

       --extra-css
              Tanto a ruta dunha folla de estilo CSS como CSS directo. Este CSS será anexado ás regras de estilo
              do ficheiro orixinal, de modo que poida usarse para sobreescribir aquelas regras.

       --filter-css
              Unha lista separada por comas de propiedades CSS que se eliminarán de todas as  regras  de  estilo
              CSS.  Isto  é  útil  se  a  presenza  dalgunha  información  de  estilo impide que se anule no teu
              dispositivo. Por exemplo: fonte-familia, cor, marxe-esquerda, marxe-dereita

       --font-size-mapping
              Correspondencia entre os tamaños de letra  de  CSS  e  tamaños  en  pt.  Un  exemplo  podería  ser
              12,12,14,16,18,20,22,24. Estas son as correspondencias para os tamaños de xx-small a xx-large, e o
              último  tamaño  para  letras  enormes.  O  algoritmo para ampliar ou reducir o texto emprega estes
              tamaños para determinar o tamaño de letra de maneira intelixente. Por omisión, o valor é usar unha
              correspondencia baseada no perfil de saída seleccionado.

       --insert-blank-line
              Inserir unha liña en branco entre parágrafos. Non funciona se  o  ficheiro  de  orixe  non  define
              parágrafos (etiquetas <p> ou <div>).

       --insert-blank-line-size
              Establece a altura das liñas en branco inseridas (en em). A altura das liñas entre parágrafos será
              o dobre do valor establecido aquí.

       --keep-ligatures
              Conserva as ligaduras presentes no documento de entrada. Unha ligadura é un carácter combinado dun
              par  de  caracteres  como  ff,  fi,  fl  et  cetera. A maioría dos lectores non teñen soporte para
              ligaduras nas súas fontes predeterminadas, polo que é improbable que se representen correctamente.
              Por defecto, gauge converterá unha ligadura no par de caracteres normais correspondente.  Teña  en
              conta que aquí as ligaduras significan só ligaduras Unicode, non ligaduras creadas mediante CSS ou
              estilos de fonte. Esta opción conservaraos no seu lugar.

       --line-height
              A  altura  de  liña en pt. Controla o espazo entre liñas consecutivas de texto. Só se lle aplica a
              elementos que non definen a súa propia altura de liña. Na maioría dos casos, a opción de altura de
              liña mínima é máis útil. De modo predeterminado, non se modifica a altura da liña.

       --linearize-tables
              Algúns documentos mal deseñados usan táboas para controlar a disposición do texto na páxina. Cando
              se converten estes documentos adoitan dar lugar a texto que se sae da páxina e  outros  problemas.
              Esta opción extrae o contido das táboas e  preséntao de maneira lineal.

       --margin-bottom
              Establece a marxe inferior en pts. O predeterminado é %dpredeterminado. Establecer isto a menos de
              cero  fará que non se estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no documento
              orixinal). Nota:  os  formatos  orientados  á  páxina,  como  PDF  e  DOCX,  teñen  a  súa  propia
              configuración de marxes que teñen prioridade.

       --margin-left
              Establece  a  marxe esquerda en pts. O predeterminado é %d predeterminado. Establecer isto a menos
              de cero fará que non se estableza  ningunha  marxe  (conservarase  a  configuración  da  marxe  no
              documento  orixinal).  Nota:  os formatos orientados á páxina, como PDF e DOCX, teñen a súa propia
              configuración de marxes que teñen prioridade.

       --margin-right
              Establece a marxe dereita en pts. O predeterminado é %dpredeterminado. Establecer isto a menos  de
              cero  fará que non se estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no documento
              orixinal). Nota:  os  formatos  orientados  á  páxina,  como  PDF  e  DOCX,  teñen  a  súa  propia
              configuración de marxes que teñen prioridade.

       --margin-top
              Establece a marxe superior en pts. O predeterminado é %dpredeterminado. Establecer isto a menos de
              cero  fará que non se estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no documento
              orixinal). Nota:  os  formatos  orientados  á  páxina,  como  PDF  e  DOCX,  teñen  a  súa  propia
              configuración de marxes que teñen prioridade.

       --minimum-line-height
              A altura mínima da liña, como porcentaxe do tamaño de tipo de letra do elemento calculado. Calibre
              asegurará  que cada elemento teña esta altura de liña como mínimo, malia o que indique o documento
              de entrada. Asignar 0 para  desactivar.  De  modo  predeterminado  é  120%.  Utiliza  esta  opción
              preferentemente  á  especificación  directa  da  altura  de liña, non sendo que saiba o que está a
              facer. Por exemplo, pode conseguir texto con «dobre espazo» asignándolle un valor de 240.

       --remove-paragraph-spacing
              Retirar o espazo entre parágrafos. Tamén estabelece o sangrado na primeira liña de cada  parágrafo
              de  1,5em.  A  retirada  do  espazo  non  funciona  se  o  ficheiro de orixe non define parágrafos
              (etiquetas <p> o <div>).

       --remove-paragraph-spacing-indent-size
              Cando calibre elimina liñas en branco entre parágrafos, establece automaticamente unha sangría  de
              parágrafo  para garantir que os parágrafos se poidan distinguir facilmente. Esta opción controla o
              ancho desa sangría (en em). Se estableces este valor negativo, úsase  a  sangría  especificada  no
              documento de entrada, é dicir, o calibre non cambia a sangría.

       --smarten-punctuation
              Converte  comiñas simples, trazos e elipses aos seus equivalentes tipograficamente correctos. Para
              obter máis información, consulte https://daringfireball.net/projects/smartypants.

       --subset-embedded-fonts
              Subconxunta todas as fontes incrustadas. Cada tipo de letra incrustado redúcese para conter só  os
              glifos  utilizados  neste  documento.  Isto diminúe o tamaño dos ficheiros de fontes. Útil se está
              incorporando un tipo de letra especialmente grande con moitos glifos sen usar.

       --transform-css-rules
              Ruta a un ficheiro que contén regras para transformar os estilos CSS deste  libro.  O  xeito  máis
              sinxelo  de  crear  un ficheiro deste tipo é usar o asistente para crear regras na GUI de calibre.
              Accede a el na sección «Aspecto e sensación->Transformar estilos» do diálogo de  conversión.  Unha
              vez creadas as regras, pode usar o botón «Exportar» para gardalas nun ficheiro.

       --transform-html-rules
              Ruta  a un ficheiro que contén regras para transformar o HTML deste libro. O xeito máis sinxelo de
              crear un ficheiro deste tipo é usar o asistente para crear regras na GUI de calibre. Accede  a  el
              na  sección  «Aspecto e sensación->Transformar HTML» do diálogo de conversión. Unha vez creadas as
              regras, pode usar o botón «Exportar» para gardalas nun ficheiro.

       --unsmarten-punctuation
              Converte citas, trazos e elipses elegantes aos seus equivalentes sinxelos.

PROCESAMENTO HEURÍSTICO

       Modificar o texto e a estrutura do documento utilizando patróns habituais.  Empregue  --enable-heuristics
       para activar. As accións individuais pódense desactivar coas opcións --disable-
       *
       .

       --disable-dehyphenate
              Analiza  as  palabras  con guión en todo o documento. O propio documento se usa coma un dicionario
              para determinar se cada guión se debe manter ou eliminarse.

       --disable-delete-blank-paragraphs
              Eliminar do documento os parágrafos baleiros que hai entre outros parágrafos

       --disable-fix-indents
              Converter os sangrados creados a partir de varios espazos duros en sangrados de CSS.

       --disable-format-scene-breaks
              Os marcadores de salto de escena aliñados á esquerda están aliñados ao centro. Substitúe os saltos
              de escena suaves que usan varias liñas en branco por regras horizontais.

       --disable-italicize-common-cases
              Buscar palabras e patróns que habitualmente estean en cursiva e poñelos en cursiva.

       --disable-markup-chapter-headings
              Detectar cabeceiras e subcabeceiras de capítulos sen formato e convertilas en etiquetas h2  e  h3.
              Esta  configuración  non  creará  un índice, pero pódese utilizar xunto coa detección de estrutura
              para crear uno.

       --disable-renumber-headings
              Busca secuencias de etiquetas <h1> ou <h2>. As etiquetas renumeran para evitar que de  dividan  os
              ficheiros en medio dunha cabeceira de capítulo.

       --disable-unwrap-lines
              Unir liñas baseándose na puntuación e noutros indicios de formato.

       --enable-heuristics
              Activar  o  procesamento  heurístico.  Esta  opción debe estar activada para que se poida realizar
              calquera tipo de procesametno heurístico.

       --html-unwrap-factor
              Escala para determinar a lonxitude para unir liñas. Os  valores  correctos  son  números  decimais
              entre  0  e  1.  O valor predeterminado é 0.4, un pouco menos da metade da liña. Se soamente unhas
              poucas liñas do documento necesitan unirse, debería reducir o valor

       --replace-scene-breaks
              Substituír saltos de escea polo texto  especificado.  De  maneira  predeterminada  úsase  o  texto
              existente no documento de entrada.

BUSCAR E SUBSTITUÍR

       Modificar o texto do documento e a estrutura usando patróns definidos.

       --search-replace
              Ruta  a  un  ficheiro  que contén buscar e substituír expresións regulares. O ficheiro debe conter
              liñas alternas de expresión regular seguidas dun patrón de substitución (que pode  ser  unha  liña
              baleira).  A  expresión  regular  debe  estar  na  sintaxe regex de Python e o ficheiro debe estar
              codificado en UTF-8.

       --sr1-replace
              Texto de substitución para o texto encontrado con sr1-search.

       --sr1-search
              Patrón de busca (expresión regular) que se substituirá por sr1-replace.

       --sr2-replace
              Texto de substitución para o texto atopado con sr2-search.

       --sr2-search
              Patrón de busca (expresión regular) que se substituirá por sr2-replace.

       --sr3-replace
              Texto de substitución para o texto atopado con sr3-search.

       --sr3-search
              Patrón de busca (expresión regular) que se substituirá por sr3-replace.

DETECCIÓN DA ESTRUTURA

       Control de autodetección de estrutura de documento.

       --add-alt-text-to-img
              Cando unha <img> etiqueta non ten atributo alt, comproba o ficheiro de imaxe asociado para ver  se
              contén  metadatos  que  especifiquen  texto  alternativo  e  úsao para completar o atributo alt. O
              atributo alt mellora a accesibilidade ao proporcionar descricións de texto para  os  usuarios  que
              non poden ver ou interpretar completamente o contido visual.

       --chapter
              Unha  expresión XPath para detectar títulos de capítulos. O predeterminado é considerar <h1>ou<h2>
              etiquetas que conteñan as palabras «capítulo», «libro», «sección», «prólogo», «epílogo» ou «parte»
              como títulos de capítulo, así  como  calquera  etiqueta  que  teña  class="chapter".  A  expresión
              utilizada  debe  avaliarse como unha lista de elementos. Para desactivar a detección de capítulos,
              use a expresión «/». Consulte o Titorial de XPath no Manual de usuario de calibre para obter  máis
              axuda sobre o uso desta función.

       --chapter-mark
              Especificar  como marcar os capítulos detectados. Un valor «pagebreak» inserirá un salto de páxina
              antes de cada capítulo. Un valor de «rule» inserirá unha  liña  antes  de  cada  capítulo.  «both»
              marcará  os  capítulos  cun salto de páxina e unha liña en branco. «none» desactivará o marcado de
              capítulos e un valor de «both» usará ambos saltos de páxina e liñas para marcar capítulos.

       --disable-remove-fake-margins
              Algúns documentos especifican as marxes de páxina engadindo marxes á esquerda e  dereita  de  cada
              parágrafo, Calibre intentará detectar e eliminar estas marxes. Ás veces isto pode ocasionar que se
              eliminen marxes que deberían manterse. En tal caso, pode desactivar a eliminación.

       --insert-metadata
              Insira  os  metadatos  do  libro  ao  comezo  do  libro.  Isto  é  útil  se o teu lector de libros
              electrónicos non admite mostrar/buscar metadatos directamente.

       --page-breaks-before
              Unha expresión XPath. Os saltos de  páxina  insírense  antes  dos  elementos  especificados.  Para
              desactivar use a expresión: /

       --prefer-metadata-cover
              Usar a capa detectada no ficheiro de orixe mellor que a capa especificada.

       --remove-first-image
              Elimina  a primeira imaxe do libro electrónico de entrada. Útil se o documento de entrada ten unha
              imaxe de portada que non se identifica como portada. Neste caso, se  estableces  unha  portada  en
              calibre, o documento de saída acabará con dúas imaxes de portada se non especificas esta opción.

       --start-reading-at
              Unha  expresión  XPath  para  detectar  a  localización  do documento na que comezar a ler. Algúns
              programas de lectura de libros electrónicos (o máis destacado o  Kindle)  usan  esta  localización
              como a posición na que abrir o libro. Consulte o tutorial de XPath no Manual de usuario de calibre
              para obter máis axuda sobre o uso desta función.

ÍNDICE

       Controla  a  xeración automática do Índice. De modo predeterminado, se o ficheiro orixe ten unha táboa de
       contidos, usarase esta preferentemente respecto da xerada automaticamente.

       --duplicate-links-in-toc
              Ao crear un índice a partir de ligazóns no documento de entrada, permita  entradas  duplicadas,  é
              dicir.  permiten  máis  dunha  entrada  co  mesmo  texto,  sempre  que apunten a unha localización
              diferente.

       --level1-toc
              Expresión XPath que especifica todas as etiquetas que se deben engadir  á  táboa  de  contidos  no
              nivel  un.  Se  se  especifica  isto, terá prioridade sobre outras formas de detección automática.
              Consulte o Titorial XPath no Manual de usuario de calibre para obter exemplos.

       --level2-toc
              Expresión XPath que especifica todas as etiquetas que se deben engadir  á  táboa  de  contidos  no
              nivel  dous. Cada entrada engádese baixo unha entrada do nivel anterior. Consulte o Titorial XPath
              no Manual de usuario de calibre para obter exemplos.

       --level3-toc
              Expresión XPath que especifica todas as etiquetas que se deben engadir  á  táboa  de  contidos  no
              nivel  tres.  Cada  entrada  engádese  baixo a entrada de nivel dous anterior. Consulte o Titorial
              XPath no Manual de usuario de calibre para obter exemplos.

       --max-toc-links
              Número máximo de ligazóns que se incluirán no Índice de contidos. O valor 0  desactiva  a  opción.
              Valor  predeterminado:  50.  Só  se engadirán ligazóns no IdC se se detecta un número de capítulos
              menor que o estabelecido como limiar.

       --no-chapters-in-toc
              Non engadir os capítulos autodetectados á táboa de contidos.

       --toc-filter
              Retirar entradas do Índice de contidos (IdC) con títulos que se corresponden coa expresión regular
              especificada. As entradas correspondentes e todas as subordinadas serán retiradas.

       --toc-threshold
              Se se detecta menos deste número de capítulos, entón engádense ligazóns  ao  Índice  de  contidos.
              Valor predeterminado: 6

       --use-auto-toc
              Normalmente,  se  o  ficheiro de orixe ten un Índice de contidos, úsase este en vez do autoxerado.
              Con esta opción sempre se usará o autoxerado.

METADATOS

       As opcións para asignar metadatos na saída

       --author-sort
              Texto que se usará para ordenación por autor.

       --authors
              Estabelecer os autores. Se hai varios autores deben separarse por «&».

       --book-producer
              Definir o produtor do libro.

       --comments
              Establece a descrición do libro electrónico.

       --cover
              Estabelecer a capa desde o ficheiro ou o URL especificado

       --isbn Definir o ISBN do libro.

       --language
              Definir o idioma.

       --pubdate
              Establece a data de publicación  (suponse  que  está  na  zona  horaria  local,  a  menos  que  se
              especifique explícitamente a zona horaria)

       --publisher
              Establece o editor de libros electrónicos.

       --rating
              Estabelecer a valoración. Debe ser un número entre 1 e 5.

       --read-metadata-from-opf, --from-opf, -m
              Ler  metadatos do ficheiro OPF especificado. Os metadatos destes ficheiro sobreescribiran calquera
              metadato do ficheiro de orixe.

       --series
              Establece a serie á que pertence este libro electrónico.

       --series-index
              Estabelecer a posición que ocupa o libro nesta colectánea.

       --tags Estabelecer etiquetas para o libro. Debe ser unha lista separada por comas.

       --timestamp
              Establece a marca de tempo do libro (xa non se usa en ningún lugar)

       --title
              Definir o título.

       --title-sort
              A versión do título que se usará para ordenación.

DEPURACIÓN

       Opción para axudar coa depuración da conversión

       --debug-pipeline, -d
              Garda a saída das diferentes etapas da canalización de conversión no cartafol  especificado.  Útil
              se non está seguro en que fase do proceso de conversión se está a producir un erro.

       --verbose, -v
              Nivel  de  verbosidade.  Especifique  varias  veces para unha maior verbosidade. Especificalo dúas
              veces dará lugar a unha verbosidade completa, unha vez media e cero veces a menos verbosidade.

AUTHOR

       Kovid Goyal

COPYRIGHT

       Kovid Goyal

8.7.0                                            xullo 18, 2025                                 EBOOK-CONVERT(1)