Provided by: kdesdk-scripts_25.07.80-0ubuntu1_all bug

NOME

       cheatmake - engaña a make para non recompilar certos ficheiros

SINOPSE


       cheatmake [hidechangeficheiro] [show] [whyficheiro]

DESCRICIÓN

       cheatmake é usado para aforrar tempo ao recompilar. Pode engañar a make para que salte ficheiros que non
       fosen modificados dun xeito significativo. Pode ser usado, por exemplo, se modifica un comentario nun
       ficheiro pero non o código efectivo.

       Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

OPCIÓNS

       hidechange ficheiro
           Acocha a modificación do ficheiro mudándolle o selo temporal cara o pasado. Use con precaución!

       show
           Lista os ficheiros que make debe recompilar na actualidade

       why ficheiro
           Explica por que debe recompilar make o ficheiro

AMBIENTE

       Unha das seguintes variábeis (pero non ambas as dúas) debe estar configurada se o directorio das fontes
       non é o mesmo que o do código obxecto. Se o do código obxecto é simplesmente un subdirectorio do das
       fontes, debe usarse a variábel OBJ_SUBDIR, máis simples.

       OBJ_SUBJDIR
           Indica que o directorio do código obxecto está no subdirectorio indicado do das fontes. Por exemplo,
           se o directorio das fontes é kdesdk e o do código obxecto é kdesdk/obj-i386-linux, entón OBJ_SUBDIR
           debe ser obj-i386-linux.

       OBJ_REPLACEMENT
           Unha expresión de sed que é usada para transformar o directorio das fontes no de compilación. Por
           exemplo, se o das fontes é kdesdk/obj-i386-linux, entón OBJ_REPLACEMENT debe configurarse como
           s#kdesdk#kdesdk-obj#.

CONSULTE TAMÉN

       make(1)

AUTORES

       cheatmake foi escrito por David Faure <faure@kde.org>. Esta páxina de manual foi escrita por Ben Burton
       <bab@debian.org> para o sistema Debian GNU/Linux® (pero pode ser usada por outros).

[FIXME: source]                                8 de marzo de 2003                                   CHEATMAKE(1)