Provided by: apt-src_0.25.5_all 

NOME
apt-src - xestión de árbores de paquetes fonte de debian
SINOPSE
apt-src [opcións] ordes apt-src [opcións] install|remove paquete1 [paquete2 ...] apt-src location pkg
DESCRICIÓN
apt-src é unha interface por liña de ordes para descargar, instalar, actualizar e controlar os paquetes fonte de debian. Pode executarse coma usuario normal ou administrador. Os paquetes fonte non se instalan nunha única ruta, ao contrario cos paquetes binarios. «Instálanse» desempaquetando a estrutura de cartafoles nun directorio, que pode estar en calquera ruta. Un mesmo paquete fonte pode instalarse varias veces, en distintos lugares. Este programa xestiona os paquetes fonte instalados deste xeito, e prové ferramentas para consultar e atopar onde se instalaron os paquetes fonte. Se non se indican as opcións -h ou --help, deberase empregar algunha das opcións abaixo descritas. update Actualizar a listaxe de paquetes. Equivalente a apt-get update, e precisa de permisos de administrador na configuración predeterminada. install Instalar o paquete ou paquetes fonte mencionados no directorio actual. Se xa existe, intentará actualizalo. Esta orde acepta nomes de paquetes binarios ou fonte. Igual ca apt-get install, pódese engadir =versión-do-paquete ou /versión-de-debian antes do nome para especificar que versión do paquete fonte escoller. Tamén encargarse de cumprir coas dependencias de compilación do paquete fonte. Se se engade a opción --location o paquete fonte instalarase no lugar indicado, no canto do directorio actual. Se se engade a opción --build, compilarase calquera paquete instalado ou actualizado. upgrade Actualiza todos os paquetes fonte instalados, ou, se se empregar as opción --location ou --here, só actualizar os paquetes do directorio indicado. Se se engade a opción --patch (por omisión), apt-src intentará xerar un parche cos cambios locais, e aplicará estes cambios ao código actualizado. Isto permite preservar os cambios locais tras actualizar os paquetes, inda que nalgúns casos pode que se precise xuntar os cambios a man. Se se engade a opción --build, compilarase calquera paquete instalado ou actualizado. remove Elimina o paquete ou paquetes fonte indicados. Pódense empregar as opcións --location e --here para só eliminar os paquetes do directorio especificado. build Compila as fontes indicadas. Instalará o paquete axeitado se non se fixo xa. clean Limpa os directorios do paquete ou paquetes indicados. Pódense engadir as opcións --location e --here para só limpar os paquetes dun directorio específico. import Esta opción permite indicarlle a apt-src a existencia dunha fonte sen empaquetar. Ademais do nome baixo o que importala, deberase engadir a ruta do código (con --location), e pode precisarse indicar a versión da fonte (con --version). A orde build pode que non funcione se a fonte non contén un directorio debian/. list Sen máis parámetros, amosa unha listaxe dos paquetes fonte instalados, o seu estado e onde se instalaron. Se se engade o nome dun paquete, só amosará as instancias instaladas dese paquete. Se se engaden as opcións --location ou --here, só amosarán os paquetes no directorio indicado. location Toma coma único parámetro o nome dun paquete fonte. Se se instalou o paquete, devolverá a ruta na que se atopa. Esta orde pode ser útil ao incluír ficheiros doutro paquete fonte. Por exemplo: -I`apt-src location paquete` version Toma como único parámetro o nome dun paquete fonte. Se se instalou o paquete devolverá a versión que está instalada. name Toma como único parámetro o nome (acepta tamén expresións regulares) dun paquete fonte. Devolve o nome do paquete fonte instalado coincidente, se existe.
OPCIÓNS
Todas as opcións poden engadirse ao ficheiro de configuración. As descricións indican as opcións a engadir. Para opcións booleanas pódense sobrescribir no ficheiro predeterminado empregando a sintaxe -f, --no-f, -f=no ou variacións. -h, --help Amosa o texto de axuda. -b, --build, --compile Compila os paquetes fonte tras instalalos ou actualizalos. Configúrase mediante: APT::Src::Compile. -i, --installdebs Instala os paquetes tras compilar as fontes. Implica --build. Configúrase mediante: APT::Src::InstallDebs. Teña en mente que instalaranse todos os paquetes binarios xerados a partir do paquete fonte. -p, --patch Intentar parchear os cambios locais no novo código tras actualizar. Activado por omisión, use --no-p para desactivalo. Configúrase mediante: APT::Src::Patch. -l, --location Especifica o directorio no que operar. Configúrase mediante: APT::Src::Location. -c, --cwd, --here Só operar en paquetes no directorio actual Configúrase mediante: APT::Src::Here. --upstream-version Só funciona coa orde version. Omite a parte de debian do número de versión na saída. -k, --keep-built Non borrar os .deb e os resultados da compilación tras instalalos coa opción --installdebs. Configúrase mediante: APT::Src::KeepBuilt. -n, --no-delete-source Non borrar o código fonte tras eliminar o paquete fonte. Configúrase mediante: APT::Src::NoDeleteSource. --version Especifica a versión da fonte. Úsase coa orde import. -q, --quiet Manda toda a saída por pantalla a /dev/null, excepto se ocorreu algún fallo. Configúrase mediante: APT::Src::Quiet. -t, --trace Amosa cada orde segundo se executar. Configúrase mediante: APT::Src::Trace. Ademais das opcións anteriores, hai algunhas opcións menos usadas que só se poden configurar en ficheiros, /etc/apt/apt.conf e ~/.apt-src/config. Son: APT::Src::BuildCommand A orde a usar para compilar o paquete. Execútase no directorio raíz, por omisión é "dpkg-buildpackage -b -us -uc", con "-rfakeroot" se o usuario non é administrador. APT::Src::RootCommand Que orde empregar se un usuario normal precisa de permisos elevados. Isto úsase, por exemplo, para satisfacer as dependencias de compilación. sudo(8), o valor por omisión, é unha boa opción. Para cambiar a su(1), hai que mudar esta opción a "su -c". APT::Src::BuildDeps Controla se apt-src controla que todas as dependencias de compilación estean presentes ao instalar ou actualizar. Verdadeiro por omisión. Se se desactiva pode que algúns paquetes non compilen por falta de dependencias.
AVISO SOBRE OS NOMES
Pódense usar indistintamente os nomes de paquetes binarios ou de paquetes fonte ao instalar novos paquetes fonte. No resto de casos, ao tratar de paquetes instalados, hai que empregar os nomes dos paquetes fonte (isto pode mudar no futuro). Porén, tamén se poden usar expresións regulares para os nomes.
AMBIENTE
Este programa escribe APT_SRC_BUILD durante a compilación.
EXEMPLOS
Para instalar a fonte de mutt(1) en /usr/src, compilalo e instalar os paquetes resultantes: apt-src install --location=/usr/src -i mutt Para controlar os cambios a este mutt(1) fonte instalado, e instalar o compilado cando salga unha nova versión: apt-src install -i mutt Para instalar unha copia local do paquete foo, ao que se lle aplicará un parche local: apt-src install foo cd foo-version patch <~/meu-parche-de-foo apt-src build --installdebs foo Para actualizar a copia local de foo, parcheala, compilar e instalar o resultado: apt-src install -i foo Para importar o código en /usr/src/linux, obtido dun arquivo de www.kernel.org (ou do paquete kernel- source), para que apt-src o coñeza: apt-src import kernel --location=/usr/src/linux --version=2.4.18 No caso de ter un módulo do núcleo que precisa saber se se está a empregar apt-src, e nese caso darlle os valores axeitados a KVERS, KSRC e KDREV para make-kpkg(1), engadir o seguinte a debian/rules: ifdef APT_SRC_BUILD KDREV=$(shell apt-src version kernel\(-source.\*\)\?) KSRC=$(shell apt-src location kernel\(-source.\*\)\?) KVERS=$(shell apt-src name kernel\(-source.\*\)\? | sed s/kernel-source-//) endif
FICHEIROS
/etc/apt/sources.list Dende onde obter os paquetes ~/.apt-src/status Ficheiro de estado de apt-src, listaxe de paquetes instalados. /etc/apt/apt.conf Ficheiro de configuración global de apt-src (and apt(8)). ~/.apt-src/config Ficheiro de configuración local do usuario de apt-src.
VÉXASE TAMÉN
apt-get(8), sources.list(5), dpkg-source(1)
AUTOR
Creado por Joey Hess <joeyh@debian.org>, 2002 Este programa é libre. Para saber as condicións de redistribución, consulte a Licenza Pública Xeral de GNU, versión 2 ou posterior. Esta obra publícase sen ningún tipo de garantía. perl v5.40.1 2025-03-29 APT-SRC.GL(1p)